cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

SAVOY CLUB BIG BAND

Domingo 17 de Novembro
19:30 H
Círculo das Artes - Escenario Estrella Galicia15.00 €

A Savoy Club Big Band nace a principios do ano 2016 por iniciativa do propio director e dun grupo de músicos amantes do latin jazz. Deu a coñece-lo seu primeiro disco, Te desafío, no 2022. O imaxinario desta orquestra configúrao a época de máximo esplendor das de Tito Puente, Machito, Mario Bauzá e Tito Rodríguez. O seu estilo de son invita a un percorrido polos salóns de baile da Nova York dos anos 50 onde as big bands tocaban ritmos latinos e emanaban elegancia e calidade musical. Despois de oito anos de carreira e evolución, agasállanos cunha coidada selección de temas de ampla variedade estilística que representan anos gloriosos da música latina. O seu repertorio combina elementos da música popular coa tradición do jazz e ofrece unha oportunidade imperdible para danzar e/ou apreciar ao vivo unha Savoy que, tal como os grandes grupos nos que se inspira, mestura impulso visceral e paixón con arranxos esmerados e intérpretes enérxicos e virtuosos. Así se nos ofrece unha noitada coa Savoy Club Big Band: vinte e dous artistas sobre o escenario renden homenaxe aos grandes mestres da música latina e reviven as noites douradas do mambo e do jazz latino na Gran Mazá.

Saxofóns: Pablo Añón, José Arques, Manuel Martínez, Rubén Vázquez, Gorgian Oganesian

Trompetas: Hansel Luis Díez, Wilson Ortega, Pablo Muñiz, Ricardo Cao

Trombóns: Miro Lamas, William Díaz, Diego Rodríguez, Grigore Buftea

Piano: Daniel Vázquez

Contrabaixo: Charlie Drop

Percusión: Samuel Mosquera, Xabi Cid, Sergio Sande

Voces: Noelio Rey, Kirenia Martínez, Sara Vázquez

Dirección musical e arranxos: José Somoza

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL