Tana Santana Quinteto
- Tana Santana, baixo
- Roberto Nieva, saxo
- Virxilio Da Silva, guitarra
- Xan Campos, piano
- David Xirgu, batería
Tana Santana é un compositor, contrabaixista e baixista eléctrico nacido en Gran Canaria e titulado en baixo eléctrico e contrabaixo polo renomeado centro superior de música Musikene do País Vasco.
No 2012 grava o seu primeiro disco, titulado Otra Cosa, non sen antes gaña-lo premio do público nun concurso nacional de jazz fusión convocado pola empresa FNAC. Nese mesmo ano, foi seu igualmente o primeiro premio no concurso internacional de bandas de jazz realizado en Anglet (Francia). O seu carácter versátil no baixo e contrabaixo, que se move entre estilos tan diversos como jazz e flamenco, deulle a oportunidade de actuar e/ou gravar con figuras do máis relevantes na escena actual, por exemplo, Antonio Lizana, Perico Sambeat, María Toro, Jose Alberto Medina, Kike Perdomo, Simbeque, Natanael Ramos, Guillermo Mcguill, Andrzej Olejniczak, Ernesto Aurignac, Gabriela Suárez, Yul Ballesteros e Mike Moreno.
HIRU é o terceiro disco solista de Tana Santana. Composicións orixinais que peneiran tradición e improvisación a través de xéneros tan dispares como jazz, rock, pop e música popular das Canarias. Ofrécenos un concepto musical no que se esquecen límites estilísticos para procurar unha identidade que redefina o jazz desde o prisma da cultura popular actual. Gravado en formación de quinteto, conta con artistas moi destacados no jazz nacional.
15 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL