Gabriela Suárez "Jazz Singer"

Con tan só dezaoito anos, Gabriela Suárez non deixa de sumar adeptos. A súa voz é como doutra xeración, transporta aos anos trinta despregando as innegables influencias de lendas como Billie Holiday, Ella Fitzgerald e Sarah Vaughan. Gabriela tamén se somerxe na bossa__ nova con grandes temas de Jobim e hits de Bill Withers e Nina Simone, engadindo agora a súa propia selección de temas de grandes compositoras e intérpretes femininas como Marta Valdés, a mencionada Billie Holiday e Mercedes Sosa. Premio Mejor Artista Revelación dos Premios Canarios de la Música (2021), grava o seu primeiro disco, Moonlight in Vermont (2019) en Brooklyn (Nova York. EEUU), cidade que respira old jazz, contando coa participación do prestixioso guitarrista Mike Moreno. Así mesmo, este pasado novembro editábase «Taking a Chance on Love», a súa colaboración no novo disco da Sant Andreu Jazz Band baixo a dirección de Joan Chamorro, mentor de grandes voces como Andrea Motis e Rita Payés.
- Gabriela Suárez: piano
- José Alberto Medina: piano
- Tana Santana: baixo
- Gonzalo del Val: batería
18 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL