cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Gran Canaria Big Band

Sammy Nestico In Memoriam
Sábado 18 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

Colabora: enter image description here


A Gran Canaria Big Band converteuse nunha das formacións máis relevantes de España na súa especialidade. Desde que se fundara no 1997 realizou máis de 75 proxectos, entre outros, novos repertorios, concertos, programas escolares, xiras e traballos discográficos. Así mesmo, logrou conectar con artistas de talle internacional que contribuíron a coloca-la Gran Canaria á altura das más prestixiosas big bands: Kurt Elling, Paquito D’Rivera, New York Voices, Perico Sambeat, Sole Giménez, Jamie Davies, Deborah Carter, Braulio e Cristina Ramos.

O repertorio da banda é moi amplo e abrangue tódolos xéneros, ofrece desde adaptacións de boleros ata os máis sofisticados arranxos de hard bop, amecendo a isto pezas feitas expresamente para ela. A súa reputación chega máis alá das nosas fronteiras e escoitase a súa música en moitos países dos cinco continentes.

Os integrantes da Big Band son na súa maioría profesores en activo no Conservatorio Superior de Música de Canarias, e membros de diferentes agrupacións musicais do arquipélago (Orquesta Filarmónica de Gran Canaria, Banda de Música de Las Palmas de G.C., etc.), ademais conta con solistas de jazz canarios que están a despuntar notablemente en lugares como Barcelona, Madrid, Amsterdam, Nova York...

  • Dirección artística: Chano Gil

  • Trompetas: Juan Ramón Martín, Chano Gil, Yeray González, José Vicente Araña

  • Trombóns: Juan Bosco Arencibia, Obed García, Javier Navarro, José Antonio Cubas
  • Saxofóns: Esteban Ponce, Jonás Quesada, Claudio Marrero, José Ángel Vera, Néstor Ramírez
  • Piano: Rayko León
  • Guitarra: Yul Ballesteros
  • Contrabaixo: Carlos Meneses
  • Batería: Javier Montero.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL