Irati Bilbao Quartet

Parte do lado máis tradicional do jazz e achégase a músicas contemporáneas, incluso coquetea co pop. As súas grandes sensibilidade e capacidade técnica son os piares do primeiro traballo que asina líder, no que uns fantásticos instrumentistas —aínda sendo a idea orientada ao jazz vocal— cunha liberdade e creatividade sen límites atopan lugar onde eleva-lo máximo a expresión artística, adaptándose a cada un dos temas de xeito fino e delicado e facéndoos medrar todos.
Nacida en Durango, Irati, cuxo interese pola música se desenvolvera amplamente en forma de aprendizaxe para tocar frauta traveseira, comezou a cantar aos dezasete anos. Hoxe é graduada superior na especialidade Canto Jazz por MUSIKENE (2020) e baixo a tutela de Deborah J. Carter.
- Irati Bilbao: voz
- Mikel Núñez: piano
- Aitor Bravo: batería
- Fran Serrano: contrabaixo.
8 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL