Jeremy Pelt Quintet
- Jeremy Pelt, trompeta
- Jalen Baker, vibrafono
- Misha Mendelenko, guitarra
- Leighton Harrell, baixo
- Jared Spears, batería
Jeremy Pelt, aínda que mozo, xa se converteu nun dos trompetistas máis influentes da escena jazz internacional. Desde os anos en que iniciou a súa andaina profesional na Mingus Big Band, este músico inquedo soubo desenvolver un estilo propio e cheo de identidade que o levou a tocar ao lado de grandes nomes: Ralph Peterson, Cedar Walton, Frank Wess, Villarge Vanguard Orchestra e Winnard Harper serían algúns. Como líder de proxectos persoais, a crítica eloxia a súa capacidade creativa e innovadora, a súa técnica impecable e a singularidade á hora de dar forma e poñer en práctica as ideas por el deseñadas. Tomorrow's Another Day é o máis recente lanzamento de Jeremy Pelt, un traballo ousado que chega a proba-la boa saúde do jazz no xeral e no particular.
14 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL