Lakecia Benjamin Quartet
- Lakecia Benjamin, saxo alto
- Óscar Pérez, piano
- Elias Biley, contrabaixo
- E.J. Strickland, batería
Lakecia Benjamin, saxofonista, cantante e compositora, revoluciona a escena jazz coa súa enerxía electrizante, co seu son único e poderoso. As pezas musicais que dá, mestura explosiva de jazz, funk, R&B e hip hop, desafían as etiquetas e cativan o ouvinte cun estilo sen comparanza no cal tradición e innovación se encontran.
Nacida e criada nas rúas vibrantes de Washington Heights en Manhattan, a súa paixón pola música acendeu a curta idade. Despois de se graduar en LaGuardia High School of Performing Arts, onde aprendeu a tocar saxofón, e de estudar na New School University, igualmente en Nova York, con veteranos do jazz —Billy Harper, Buster Williams, Gary Bartz— foi rapidamente solicitada para colaborar con figuras como Clark Terry e Reggie Workman, o que lle brindou a oportunidade de actuar cunha ampla variedade de artistas incluídos Christian McBride, Gregory Porter, Stevie Wonder, Alicia Keys e James Blood Ulmer.
Lakecia mantívose estrela en ascensión durante máis dunha década, ora ben, resplandeceu con novo brillo no 2020 tralo lanzamento de Pursuance: The Coltranes (álbum por tanto dedicado a John e Alice Coltrane) que ofrece unha visión refrescante do bebop e do jazz espiritual.
Apláudelle a crítica e recibiu o Premio Saxofonista do Ano da prestixiosa revista DownBeat ademais do de Artista Revelación do Ano da Jazz Journalist Association. Foi nomeada en varias ocasións para os Premios Grammy.
O último álbum de Lakecia, Phoenix, remite no título ao accidente de tráfico que en 2021 case lle leva a vida; é unha obra mestra que reflicte o seu crecemento artístico e persoal. Producido por Terri Lyne Carrington, posúe colaboracións gloriosas —Dianne Reeves, Georgia Anne Muldrow, Wayne Shorter— e explora ámbitos de liberdade, esperanza e renovación.
7 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL