cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Martín Leitón Cuarteto

AIEnRUTa-Jazz
Venres 15 de Novembro
23:45 H
Club Clavicémbalo15€ a entrada para os dous concertos da noite (12€ anticipada en Woutick)
  • Santi de la Rubia, saxo
  • Toni Saigi, piano
  • Martín Leitón, contrabaixo
  • Andreu Pitarch, batería

O jazz e o folclore latinoamericano impregnan cada nota que sae do contrabaixo de Martín Leiton. Despois de varios anos de estrada, o músico canario residente en Barcelona continúa a consolidarse co seu quinto traballo discográfico como líder, Caravana. Anteriormente editara Medium (96k Music, 2011), Poetry of Sound (Underpool Records, 2015), Inevitable (Blue Sounds, 2017) e Desde abajo (RASO, 2021).

O cuarteto integrado por Santi de la Rubia (saxo), Toni Saigi (piano), Andreu Pitarch (batería) e o propio Martín Leiton demostra unha vez máis o extraordinario que resulta o seu encontro musical. Inspirado nas meirandes referencias do xénero como Thelonious Monk, Wayne Shorter e Duke Ellington, o último traballo de Martín Leiton mestura estas influencias indiscutibles coa música latinoamericana e os ritmos e melodías Gnawa e Tuareg. Un sinal máis da súa personalidade e poder creativo.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL