Shai Maestro Quartet

Tras descubrilo neste noso Festival alá polo 2008, membro, que o era, do trío do contrabaixista Avishai Cohen, o pianista Shai Maestro regresa con seis discos editados como líder e convertido nun moi afamado compositor, alén de referente mundial no seu instrumento. Residente en Nova York, a súa carreira á fronte dunha banda iniciouse no 2012 con saxofonistas como Chris Potter, Joshua Redman, Ben Wendel e o batería Ari Hoenig. No 2018 gravou o seu primeiro disco co selo ECM. Describíase, por aquel entón, a música de Maestro como «cinemática, narrativa, meditativa e sensual, con reminiscencias folclóricas, sempre lírica en calquera caso, tanto nos tempos máis lentos como nas pezas máis rápidas». Maestro volve agora con dous compactos máis, para ECM, debaixo do brazo; ámbolos dous, The Dream Thief e Human, reafirman ao músico israelí entre os grandes pianistas da súa xeración. Se o primeiro o asinaba a trío, cos seus fieis Jorge Roeder ao contrabaixo e Ofri Nehemya á batería, no segundo aparece en formación de cuarteto, co engadido da trompeta marabillosamente poética de Philip Dizack, quen se integra no trío de Maestro dunha maneira única. Toda a crítica internacional concorda: Human é, sen dúbida, un dos magnos discos da década.
- Shai Maestro: piano
- Philip Dizack: trompeta
- Joe Martin: contrabaixo
- Ofri Nehemya: batería
11 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL