Soul Chemistry - Vincent Herring & Erena Terakubo
- Erena Terakubo, saxo alto e saxo tenor
- Vincent Herring, saxo alto
- Urs Hager, piano
- Ignasi González, contrabaixo
- Joris Dudli, batería
Soul Chemistry é un dos moitos froitos resultantes da longa colaboración musical entre o saxofonista Vincent Herring e o batería Joris Dudli. Cun disco merecedor de catro estrelas da crítica Downbeat, Soul Chemistry magnetiza pola súa abordaxe singular: un achegamento ao jazz de tradición moderna que aloxa importantes doses de swing, todo ofrecido nunha chave contemporánea impregnada de enerxía e espiritualidade. Cada un dos membros da banda ten atrás de si unha longa e insigne carreira como músico de jazz. A incorporación dunha estrela convidada como a formidable saxofonista Erena Terakubo xerou grandes expectativas para o regreso de Soul Chemistry.
13 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL