Ton Risco & Marcos Teira

O vibrafonista Ton Risco e o guitarrista Marcos Teira levan máis dunha década tocando xuntos. Anos de admiración mutua, de diálogo constante e de procura dunha linguaxe común. Desta experimentación e pracer nace CIRCUM, un traballo producido polos propios Risco e Teira, mesturado e masterizado por Xavier Ferreiro e editado polo selo madrileño especializado en flamenco jazz Youkali Music.
Unha celebración de dous timbres, o do vibráfono jazz e o da guitarra flamenca, cando unidos infrecuentes nunha afortunada gravación chea de enerxía e sentimento. Estes dous instrumentos insólitos xiran arredor de melodías universais que se inician en arranxos de composicións propias con sabor flamenco e abren o seu espectro para acariñar a canción hispanoamericana, dende a zamba ata o choro.
- Ton Risco: vibráfono
- Marcos Teira: guitarra flamenca.
4 Novembro 23:45 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL