TT Syndicate

Cun son sofisticado e rabioso, a música de TT Syndicate transpórtanos do Mardi Gras de Nova Orleáns ao Wigan Casino británico, do Sands Hotel das Vegas ao corazón negro de Detroit: incrible viaxe musical regada cun explosivo cóctel que mestura a elegancia das big bands, o desenfreo do northern soul, o espírito festivo do dixieland e a vibrante emoción do merseybeat dos 60. Destaca a banda portuguesa en contar cun dos directos máis arrasadores que podemos atopar… TT SYNDICATE é capaz de levantar un furacán sonoro que arrastra a todo aquel que se pon no seu camiño, cuspindo no medio da pista de baile, embriagado por un irrefreable arrebato. Un fastuoso espectáculo cheo de alma e ritmo no que as suntuosas guitarras e os abrasivos metais farán que o tempo se deteña nunha eterna celebración de festa e diversión.
- Pedro Serra: voz
- Nuno Gomez: batería
- Nuno Riviera: guitarra
- Manuel Oliveira: baixo
- Hugo Lopes: tenor
- Joel Rocha: barítono
- Bruno Rocha: trompeta.
10 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL